Publicador de contidos

Publicador de contidos

A xunta agarda concretar a chegada do AVE ao resto de cidades galegas

A xunta agarda concretar a chegada do AVE ao resto de cidades galegas

O presidente da Xunta reúnese esta semana coa ministra de Transportes

G24.gal 15/01/2022 17:40

O Goberno galego asume como cuestión prioritaria a chegada da alta velocidade ao resto de cidades galegas. Agarda concretar as datas na xuntanza de traballo que manterán en Santiago o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a ministra de Transportes, Raquel Sánchez.

Nese encontro, no que tamén estará a conselleira de Infraestruturas, trataranse os proxectos pendentes na rede ferroviaria, como a posta en circulación dos trens AVRIL, impresicindibles, segundo Ethel Vázquez, para conseguir tempos de viaxe competitivos.

A conselleira agarda que quede tempo para abordar tamén infraestruturas viarias comprometidas. Este sábado, visitou o novo espazo público AMIZAR, o edificio renovado da antiga sede de Sanidade na Coruña, que agora pasa a albergar as xefaturas de Política Social e de Emprego e Igualdade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade