Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		A Xunta activa a alerta por risco de rebordo nos ríos de Galicia-Costa
Alerta laranxa no leitos dos ríos Lérez e Gándara
 
            
                            G24.gal
                        
                            11/12/2023 21:26
                        
                        
                                Última actualización 11/12/2023 21:39
                        
                        
                    
                    A Xunta activa o Plan Inungal de Protección Civil ante o risco de inundacións polo aumento xeneralizado do caudal dos ríos pertencentes á demarcación Galicia-Costa.
Ante as chuvias que se agardan para os próximos días e cos niveis actuais dos cursos fluviais hai risco de rebordo, por cuxa razón se deu aviso aos organismos e entidades locais para que poñan en marcha as medidas de protección necesarias.
Advirten que se debe prestar especial atención aos ríos Lérez e Gándara en Pontevedra, onde se pode chegar a niveis altos, de alerta laranxa, durante a noite deste martes.
Ante esta situación, recomendan non facer actividades, circular nin aproximarse a pé á beira dos ríos.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
         
            
                 
            
        