Publicador de contidos

Publicador de contidos

A xuíza retira o pasaporte ao acusado da morte dunha bebé en Sevilla

A xuíza retira o pasaporte ao acusado da morte dunha bebé en Sevilla

A maxistrada mantén a súa liberdade provisional, pero prohíbelle ao acusado que abandone España mentres continúa a investigación 

Rocío Ruz/Europa Press Rocío Ruz/Europa Press
G24.gal 17/06/2026 13:54

A xuíza que investiga a morte dunha bebé de 16 meses en Sevilla acordou retirar o pasaporte ao home acusado de provocarlle queimaduras con auga quente durante un baño e prohibirlle saír do territorio nacional. 

O investigado declarou este mércores que o sucedido foi "un accidente" e defendeu a súa inocncia. A maxistrada rexeitou, polo momento, o ingreso en prisión solicitado pola acusación particular, aínda que lle impuxo medidas cautelares para evitar un posible risco de fuga. 

Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía, a xuíza considera que non existen indicios suficientes para acreditar unha intencionalidade dolosa nos feitos e apunta, nesta fase inicial da investigación, á posible comisión dun delito de homicidio por imprudencia. 

A causa continúa á espera dos informes definitivos da autopsia e do Grupo de Homicidios. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade