A xornada ACB trae ao Barcelona ao Sar mentres o Breogán visita ao Xirona
Kassius Robertson volve ao Obradoiro
O Breogán quere endereitar o rumbo diante dun rival directo
Día de caras novas no Sar ou, mellor dito, caras coñecidas que regresan. Unha delas a de Kassius Robertsonn, a última incorporación que vivirá a súa reestrea. É a boa nova nunha semana de problemas físicos como a escordadura de Bender ou os virus que afectaron a boa parte do plantel. Outra cara que regresa é a de Niko Mirotic. O barcelonista volveu esta semana logo dunha longa lesión e xogou a moi bo nivel na Euroliga en Berlín. A súa reaparición eleva aínda máis o altísimo nivel deste Barcelona.
Moncho Fernández cre que "é un equipazo con todas as letras, e con xogadores moi polivalentes, como adoitan ser os de Jasikevicius".
Mañá será o turno do Río Breogán nun deses partidos marcados en vermello. Visita a cancha dun rival directo, o Xirona, co lastre de tres derrotas seguidas.
Mrsic di que "non nos podemos permitir ter os baixóns de xogo dos últimos partidos".
Os dous equipos veñen de apañar malleiras, o Breogán co Tenerife, o Xirona en Baskonia. Iso é o pasado. O obxectivo, gañar en Fontajau e deixar aos de Aíto e Marc Gasol a tres vitorias.