A Volta entra en Galicia con vitoria de Pedersen en Monforte
O portador do maillot verde saiu triunfador entre a fuxida que lle sacou 13 minutos aos favoritos
Volveu haber protestas, e un manifestante provocou a caída do ciclista Javi Romo
A volta a España entrou en Galicia. A décimo quinta etapa rematou en Monforte de Lemos, onde tamén houbo protestas propalestinas. Un dos manifestantes quixo entrar na estrada ao paso dos ciclistas, e provocou a caída do ciclista do Movistar Javi Romo.
Na meta monfortina impúxose o danés Mads Pedersen. Gañou a súa primeira etapa ó esprinte. A trece minutos entrou o grupo de favoritos. Entre eles, Vingegaard, que mantén o maillot vermello con 48 segundos sobre o portugués Almeida.
Mañá, xornada de descanso da Volta en Galicia. O martes a etapa terá un percorrido entre Poio e Mos.