Publicador de contidos

Publicador de contidos

A vitoria 500 en Balaídos chega nun dos mellores momentos das últimas tempadas

A vitoria 500 en Balaídos chega nun dos mellores momentos das últimas tempadas

O Celta leva cinco xornadas sen perder e suma na casa 29 puntos, uns rexistros só superados polo Real Madrid e o Atlético

G24.gal 09/03/2025 15:14

Giráldez mudou máis de medio equipo titular con respecto a última xornada para lograr o triunfo cincocentos como local en Primeira división. Foi ante un Leganés, que comezou marcando, o que provocou a oitava remontada da campaña, que principiou logo dunha tripla parede de Alfon e Óscar Mingueza que lle permite ao catalán volver enmallar despois de 24 xornadas.

Aínda que Giráldez negue a maior, o Celta está moito máis preto de Europa que dos postos de descenso. Cun roldo de 11 toques e Alfon en modo líder, leva cinco goles e cinco asistencias nesta temporada, en Balaídos, pouco amola comezar perdendo. En dinámica positiva, cos xogadores atrevéndose a facer cousas en momentos delicados do partido, o equipo pode asinar virtualmente o seu primeiro obxectivo o sábado en Pucela.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade