Cargando resultados...
A viguesa María Araújo volve xogar despois de 300 días
G24.gal
16/01/2022 18:09
A xogadora viguesa María Araújo volveu ás pistas depois de 300 días mancada. Fíxoo no partido da Liga Feminina entre o Valencia e o Xirona no que se impuxo o seu equipo por 55-61. Araújo participou cinco minutos e anotou unha tripla.
Araújo esnaquizou o xeonllo dereito o pasado mes de marzo, unha lesión que a apartou do último Europeo de baloncesto e dos Xogos Olímpicos cando estaba pasando por un gran momento nun dos mellores equipos da liga española.