Publicador de contidos

Publicador de contidos

María Jesús Montero nega irregularidades nas adxudicacións da Sepi investigadas

María Jesús Montero nega irregularidades nas adxudicacións da Sepi investigadas

Aagesen nega que beneficiase "ningunha empresa ou particular" desde Transición Ecolóxica: "Transparencia máxima"

A vicepresidenta Montero, este xoves no Senado (Marta Fernández - Europa Press)
G24.gal 15/01/2026 15:14

A vicepresidenta primeira e ministra de Facenda, María Jesús Montero, defendeu este xoves que a Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil está a investigar o expresidente da Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) nun período en que xa non se atopaba á fronte da empresa pública, á vez que sostivo que, ata o momento, as investigacións non apuntan a ningunha ilegalidade na tramitación de contratos.

Ademais, a ministra rexeitou as "insidias" do PP sobre a SEPI, defendendo o traballo da compañía e asegurando que as contas están auditadas tanto de forma interna como externa.

Montero compareceu no Senado para dar explicacións sobre as presuntas irregularidades no marco da SEPI, tras as detencións o pasado decembro do expresidente da compañía, Vicente Fernández, a exmilitante socialista Leire Díez e o empresario Antxon Alonso, no marco dunha investigación da Audiencia Nacional (AN) sobre irregularidades na contratación pública.

 "Non hai ningun tipo de responsabilidade política na SEPI", defende Mª Jesús Montero.

Unha investigación que levou a rexistrar as sedes dos ministerios de Facenda e de Transición Ecolóxica na busca de documentación.

"Todo está xirando ao seu arredor. Vostede é o mellor soldado de Sánchez", din desde  UPN.

Os socios de investidura reclaman medidas.

"Hai que actuar con contundencia caia quen caia", afirma Carme da Silva, do BNG.

E desde o PP defenden a creación dunha comisión de investigación que aclare a actuación do Goberno.

"Vostede pasou de ser a conselleira dos ERE á vicepresidenta das mordidas. Por iso está hoxe aquí", xustifica Alicia García.

A vicepresidenta Montero responde:

"Porque son a vicepresidenta do Goberno, pero sobre todo por que son a candidata do PSOE en Andalucía", dixo.

Unha sesión no Senado na que tamén compareceu a ministra para a Transición Ecolóxica, Sara Aagesen.

Aagesen, quixo afastar "calquera sombra de sospeita" de corrupción ou irregularidades no seu departamento, asegurando que "nunca xamais" beneficiou "ningunha empresa ou particular" desde o Ministerio, mentres que defendeu que sempre actuou con "transparencia máxima".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade