María Jesús Montero: "O mercado da vivenda require intervención pública, para os socialistas é imprescindible""
María Jesús Montero: "O mercado da vivenda require intervención pública, para os socialistas é imprescindible""
O Partido Popular reprobará a vindeira semana no Senado a ministra de Vivenda, Isabel Rodríguez
Os populares presentarán un plan no Congreso con máis de 30 medidas para reducir as trabas administrativas na compra de vivenda e baixar os impostos
O Partido Popular reprobará a vindeira semana no Senado a ministra de Vivenda, Isabel Rodríguez. Segundo apunta o PP, a vivenda en España atravesa na actualidade unha "incuestionable emerxencia social" Esa reprobación da ministra será votada no próximo pleno do Senado, o mércores 18, por ter un sesgo "ideolóxico e radical” nas políticas de vivenda e “fomentar e protexer" a okupación.
Ademais o PP presentará un plan no Congreso con máis de 30 medidas para reducir as trabas administrativas na compra de vivenda e baixar os impostos.
Mentres, a vicepresidenta primeira do Goberno María Jesús Montero, destaca que as comunidades autónomas teñen as competencias nesa materia e defende que o mercado da vivenda require dunha intervención pública.
"O mercado da vivenda claro que require intervención pública, a pesar de que á dereita lles custa dicir esta palabras porque pareciera que iso significa alonxarse do liberalismo que implica a súa ideoloxía, para os socialistas é imprescindible", di María Jesús Montero.
"Máis protexer os donos das vivendas, os inquilinos, a mocidade que quere pagar un alugueiro xusto e menos protección aos delincuentes que é o que está facer o Goberno de Sánchez, protexer os okupas", destaca Carmen Fúnez, vicesecretaria de Sanidade e Política Social do PP.