A China rexeita o uso do comercio como arma política tras a ameaza de Trump a España
Pequín considera que os ataques dos Estados Unidos e Israel contra Irán violan o dereito internacional e pìde o cesamento inmediato das operacións militares en Oriente Medio
Arquivo/REUTERS/Evelyn Hockstein
As autoridades chinesas rexeitan que o comercio sexa empregado como arma ou como ferramenta de presión política, despois de que o presidente estadounidense Donald Trump ameazase con cortar as relacións comerciais con España pola súa postura ante a guerra de Irán.
Pequín insiste en que os ataques dos Estados Unidos e Israel contra Irán violan o dereito internacional e reclama o cesamento inmediato das operacións militares.
"O comercio non debe ser utilizado como arma nin como instrumento", afirmou hoxe nunha comparcencia de prensa a portavoz do Ministerio de Exteriores, Mao Ning.
A reacción da segunda economía do mundo prodúcese un día despois de que Trump arremetese contra o Goberno español por negarse a autorizar o uso das bases de Rota e Morón para operacións vinculadas á ofensiva contra Irán.
A Comisión Europea confía en que Washington respecte os seus compromisos comerciais e afirma que protexerá os intereses da UE.