Publicador de contidos
Publicador de contidos

A vaga de calor en España bate marcas na vila de Figueras con 45 graos

A vaga de calor en España bate marcas na vila de Figueras con 45 graos

Trece comunidades autónomas estiveron este martes en alerta por temperaturas extremas

Cataluña, as illas Baleares e Aragón chegaron aos 43 graos nos seus termómetros

G24.gal 18/07/2023 21:30 Última actualización 18/07/2023 21:49

Boa parte de España segue abafando de calor. Trece comunidades continúan este martes en alerta por temperaturas extremas que nalgúns puntos xa chegaron aos 43 graos. E por isto precisamente a ONU advertiu de que o mundo necesita prepararse para unhas vagas de calor que se prevén cada vez máis intensas.

As comunidades autónomas máis afectadas son Aragón, Cataluña e as illas Baleares, cuns termómetros que marcaron 43 graos, aínda que a marca da xornada bateuna a vila de Figueras, en Xirona, con 45. Con estas cifras, conciliar o sono polas noites é complicado e polo día faise difícil mesmo andar pola rúa.

Nalgúns lugares como Mallorca ou Valencia, a sensación térmica roza os 50 graos por mor dunha humidade moi alta. Traballar nestas condicións é case imposible, mesmo antes da hora punta.

As praias seguen sendo a mellor opción para os que non queren quedar na casa co aire acondicionado durante as súas vacacións. Así de ateigadas están na costa de Valencia, Alacante e de gran parte de Andalucía.

En Granada os turistas pasan as colas para entrar á Alhambra e outros monumentos como poden, debaixo do paraugas para tornar o sol ou mollándose de medio corpo. No País Vasco e Cantabria as temperaturas non acadan esa calor abafante pero aínda así non o levan ben.

En Pobra de Seabra as mínimas da xornada sitúanse sobre os oito graos, sendo agora mesmo a envexa de gran parte do país, que terá que soportar a vaga de calor como mínimo ata o mércores. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade