Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Unión Europea pide unha transición pacífica en Venezuela "respectuosa coa súa soberanía"

A Unión Europea pide unha transición pacífica en Venezuela "respectuosa coa súa soberanía"

A UE fixo un comunicado que contou co apoio de todos os países da Unión, agás Hungría

G24.gal 04/01/2026 21:14

A Unión Europea (UE) chamou este domingo a unha transición pacífica en Venezuela "respectuosa coa súa soberanía" e pediu "calma e moderación".

"A UE declarou en repetidas ocasións que Nicolás Maduro carece da lexitimidade dun presidente elixido democraticamente e avogou por unha transición pacífica cara á democracia no país, liderada por Venezuela e respectuosa coa súa soberanía", apuntou un comunicado da alta representante europea, Kaja Kallas,

O comunicado contou co apoio de 26 Estados membros, todos menos Hungría.

Así mesmo, o comunicado engade que "debe respectarse o dereito do pobo venezolano a determinar o seu futuro" e fai "un chamamento á calma e a moderación de todos os actores, co fin de evitar unha escalada e garantir unha solución pacífica á crise".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade