Publicador de contidos

Publicador de contidos

Protexer a vista de paxaro, así traballa a Unidade de Medios Aéreos da Policía

Protexer a vista de paxaro, así traballa a Unidade de Medios Aéreos da Policía

Persecución de fuxitivos, busca de desaparecidos ou intervención en grandes catástrofes son algúns dos servizos que esta unidade presta en Galicia

G24.gal 28/09/2022 12:16 Última actualización 28/09/2022 15:05

O traballo da Unidade de Medios Aéreos de Galicia da Policía Nacional comeza a pé de pista. É importantísimo o labor previo de supervisión en terra. Os técnicos de mantemento inspeccionan con minuciosidade a nave, un Eurocopter 135, mentres o comandante Udaondo e o copiloto Carabelos se preparan para engalar.

"En temas de seguridade cidadá adoitamos facer un control de masas, grandes concentracións, dispositivos de fútbol ou musicais e todo dando apoio ás unidades que están en terra", relata o inspector xefe Noqueira, xefe da base de Medios Aéreos da Policía Nacional en Galicia.

O seu traballo é dar apoio a unidades en terra. A perspectiva e a velocidade son as grandes fortalezas deste servizo, que tarda menos de 25 minutos en trasladarse máis de 100 km.

"Voamos continuamente conectados co centro de mando e control, que é onde escoitamos os requirimentos e con quen podemos conectar se precisamos algún tipo de apoio".

Así, colaboran no despregamento de dispositivos especiais, seguimento de fuxitivos, loita antiterrorista ou busca de desaparecidos.

A unidade galega tamén é requirida e desprázase por toda a Península ou mesmo ao estranxeiro no caso de catástrofes, incendios, inundacións ou volcáns. Un traballo continuo para velar pola seguridade cidadá a vista de paxaro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade