A un mes para despedir 2022, medra a demanda de reservas para celebrar a fin de ano
Nin a inflación nin o custo de materiais, aseguran, condicionan unha das noites máis especiais do ano
Nuria Blanco dirixe dous hoteis na cidade da Coruña. Será nun deles, o Hotel Plaza, onde despedirán o ano cunha festa e actuacións en directo para a que xa teñen todo vendido. Nin a inflación nin o custo de materiais, asegura, condicionan unha das noites máis especiais do ano.
O local de copas Cine París que dirixe na Coruña Santiago Alonso acollerá unha festa con dous ambientes musicais diferenciados. Un todo incluído para o que esixen vestir de etiqueta. Teñen reservado xa o 50 % e agardan acadar a totalidade de entradas vendidas a mediados de decembro.
Tras dous anos sen celebración, o sector ten moitas expectativas postas nesta última noite do ano. Ilusión que comparte tamén o seu público logo de dous anos sen poder celebrar nunha festa multitudinaria a benvida do novo ano.