Publicador de contidos

Publicador de contidos

A UME conseguiu deter o foco principal do lume que avanzaba cara a Viana do Bolo desde Larouco

A UME conseguiu deter o foco principal do lume que avanzaba cara a Viana do Bolo desde Larouco

Na tarde do domingo reaviváronse focos nas aldeas do Seixo, Celavente e Barxa, segundo informou Protección Civil do Bolo.

G24.gal 17/08/2025 21:23

O incendio que comezou o mércores pasado na concello de Larouco combatíase na tarde do domingo a 9 quilómetros de distancia no seu flanco sur, na aldea de Lentellais, no concello do Bolo. Ese era o lugar que máis preocupaba, pero o traballo dos efectivos da Unidade Militar de Emerxencias e da propia veciñanza conseguiu deter o avance das lapas e que o lume non afectara as vivendas

"Viñan as lapas avanzadas e case arde unha casa, non arderu grazas ao traballo da UME e da veciñanza", comneta un veciño de Lentellais.

"O medo que se pasa nese momento é terrible, pásase moi mal, ver que che arde a casa e que se che mete para dentro. Paseino moi mal. Agora falta fai que o vaian controlando, porque a verdade é que se pasa moi mal", di unha afectada.

"Agora aquí en Lentellais estamos controlando isto grazas á UME", di outra veciña.


Segundo informou Protección Civil do Bolo, os traballos de extinción permitiron deter o foco principal que avanzaba cara a Viana, a capital do concello. Con todo din que a situación "é de calma tensa". O vento volveuse avivar na tarde do domingo e fixo que se reproduciran focos nas aldeas do Seixo, Celevente e na Barxa, onde se concentraban os traballos de extinción. A veciñanza recibiu a mensaxe a través do sistema Es Alert para que permanezan nas súas vivendas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade