Publicador de contidos

Publicador de contidos

A UE prepara novas sancións a Rusia contra gasodutos e sector financiero

A UE prepara novas sancións a Rusia contra gasodutos e sector financiero

As sancións centrasen en Nord Stream 1 e 2 e sector financeiro

"Queremos a paz e por iso temos que aumentar a presión sobre o presidente Putin ata que estea listo para un cesamento do fogo", sinalou Von der Leyen

Alexander Kazakov / Zuma Press Alexander Kazakov / Zuma Press
G24.gal 16/05/2025 11:44 Última actualización 16/05/2025 12:16

A presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, avanzou este venres que a Unión Europea está a preparar un novo paquete de sancións contra Rusia que incluirá, entre outras, medidas contra os gasodutos Nord Stream 1 e 2 e contra o sector financeiro.

Á súa chegada ao cume da Comunidade Política Europea en Tirana, Von der Leyen sinalou que o novo paquete de sancións será unha resposta á actitude nos últimos días do presidente ruso, Vladimir Putin, que pediu publicamente un cesamento do fogo que non respectou, rexeitou a proposta ucraína dun cesamento do fogo de 30 días e non se presentou ás negociacións en Turquía.

"O presidente  Zelenski estaba listo para unha reunión. O presidente Putin nunca se presentou. Isto mostra a verdadeira cara do presidente Putin, non quere a paz. Por iso temos que aumentar a presión e por iso estamos a traballar nun novo paquete de sancións", dixo.

E avanzou que "este paquete incluirá, por exemplo, sancións a Nord Stream I e II. Incluirá traballar para incluír na lista máis buques da frota rusa na sombra e tamén rebaixar o límite do prezo do petróleo, e incluirá máis sancións ao sector financeiro de Rusia". 

"Queremos a paz e por iso temos que aumentar a presión sobre o presidente Putin ata que estea listo para un cesamento do fogo", sinalou.

O anuncio do que será o décimo oitavo paquete de sancións europeo a Moscova desde a súa invasión de Ucraína en 2022 chega apenas dous días despois da aprobación do décimo sétimo, que incluíu a case douscentos petroleiros da chamada "frota na sombra" que comercian con cru ruso.

O bloque comunitario sancionou tamén a 30 novas empresas implicadas na invasión, especialmente en bens de dobre uso civil e militar, que se enfrontarán a novas restricións comerciais, e a persoas e empresas vinculadas ao complexo industrial militar ruso.

Con estas medidas, a UE dótase dunha base legal para sancionar frotas que destrúan infraestruturas como cables submarinos, aeroportos ou servidores e outra para castigar a "facilitadores financeiros", entre outras, e apunta tamén medios de "propaganda" con vinte entidades e individuos sancionados por difundir desinformación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade