Publicador de contidos

Publicador de contidos

A UE entregará a Ucraína 2.000 millóns de euros en munición

A UE entregará a Ucraína 2.000 millóns de euros en munición

Os países entregarán todas as municións de calibre 155 que poidan a Kíiv canto antes e logo reporanas con novos pedidos conxuntos á industria

G24.gal 20/03/2023 18:54

Os países da Unión Europea (UE) acordaron este luns investir 2.000 millóns de euros na entrega a Ucraína de 1 millón de roldas de munición de artillería ao longo de 12 meses, informou o alto representante comunitario para Asuntos Exteriores, Josep Borrell.

O acordo político dos Vinte e sete consiste en que os países entreguen todas as municións de calibre 155 que poidan a Kíiv canto antes, baixo a premisa de que serán rapidamente repostas con novos pedidos conxuntos á industria.

A UE financiará con 1.000 millóns de euros a entrega inmediata e, con outros 1.000 millóns máis, as adquisicións conxuntas.

“Os soldados ucraínos están a demostrar un gran valor e tenacidade. Pero necesitan munición”, declarou a través da mesma rede social a presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, quen acolleu con satisfacción o acordo político dos Vinte e sete.

Agregou que a Comisión traballará cos estados membro “para aumentar a produción industrial de defensa na UE a fin de cumprir este obxectivo”.

Esas compras de munición débense realizar en empresas europeas e norueguesas.

18 países no proxecto de compras conxuntas sen España

Xa son dezaoito países os que se sumaron ao proxecto da Axencia Europea de Defensa (EDA) sobre as compras conxuntas, aínda que España non se atopa polo momento entre os signatarios, segundo indicou a axencia comunitaria nun comunicado.

Os países que se sumaron ao acordo son Austria, Bélxica, Croacia, Chipre, República Checa, Estonia, Finlandia, Francia, Alemaña, Grecia, Luxemburgo, Malta, Países Baixos, Portugal, Romanía, Eslovaquia, Suecia e Noruega.

O acordo tamén aspira a potenciar a industria militar europea a máis longo prazo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade