Publicador de contidos
Publicador de contidos

A UCO atopou na casa de Koldo máis de 20 móbiles, nove armas e 24.000 euros en efectivo

A UCO atopou na casa de Koldo máis de 20 móbiles, nove armas e 24.000 euros en efectivo

A presunta trama tamén fixo negocio coa probas PCR

Empresarios da rede presumía a influencia de Salvador Illa para obter o visto e prace


 

Kolgo García recibía recorrentes pagos de 10.000 euros en metálico que ía apuntando nun caderno
G24.gal 07/03/2024 14:24

Vinte e tres móbiles, nove armas, 24.000 euros en efectivo ou máis dunha ducia de discos duros, son algúns dos efectos que a Garda Civil atopou na casa de Koldo García, exasesor do exministro José Luis Ábalos, durante o seu rexistro o pasado 20 de febreiro. Pero tamén unha serie de documentos nos que había anotacións manuscritas que facían referencia aos cartos que foi recibindo polos presuntos traballos de intermediario coa presunta trama. A UCO cre que Koldo García recibía pagos "recorrentes" da trama de ata 10.000 euros en metálico. Pagos que ía apuntando a man nun caderno de notas atopado no rexistro da súa casa. 

Unha presunta rede corrupta que non só fixo negocio coas máscaras. Un novo informe da UCO constata que tamén cobraron subornos cos tests PCR.  A Garda Civil descobre que cobraron comisións dun laboratorio e que mantiveron reunións co entón xefe de gabinete de Salvador Illa. 

O nome do exministro de Sanidade aparece en varias conversas interceptadas. Pero tamén o do expresidente canario, Ángel Víctor Torres, hoxe ministro de Administracións Públicas. En agosto de 2020 un dos socios da rede escribe: "Illa vai falar co de Canarias para darlle en principio o visto e prace". 

Neses chats cítase reiteradamente como parte das xestións e presunto receptor de algúns pagos a "K", un individuo que a Unidade Central Operativa identifica como Koldo García Izaguirre, asesor de José Luis Ábalos durante a súa etapa como ministro de Transportes, cargo que desempeñaba naquel momento. A trama dos PCR tiña contacto con Koldo García e co círculo de Ábalos, ata o punto que un deles lle pide aos seus compañeiros que lle fagan un informe "negativo"  para o ministro. 

O PP preme e pide máis cesamentos. E pregúntase por que Oscar Puente aínda mantén no seu ministerio a dirixentes relacionados co caso. Os de Feijóo piden a comparecencia urxente do ministro, Óscar Puente para dar explicacións. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade