A terceira dose da vacina chega para os menores de 60 anos
A terceira dose da vacina chega para os menores de 60 anos
O Sergas prevé finalizar esta semana co grupo de 60 a 69 anos e arrincará o mércores cos menores de 12
O Servizo Galego de Saúde xa está a citar a persoas de 50 a 59 anos para recibiren a terceira dose da vacina contra a covid–19. Estes pacientes son chamados a acudir a puntos de vacinación masiva mediante unha mensaxe ao móbil e a través da aplicación.
O Sergas pretende completar o grupo de 60 a 69 anos antes de comezar co grupo de 50 a 59 anos, que ten máis de 400.000 integrantes.
Galicia será a primeira comunidade española en revacinar a poboación xeral menor de 60 anos e consolídase entre as que ten a campaña máis avanzada. De feito, é a primeira tanto en administración de dose de reforzo aos maiores de 70 anos, co 89,4 % , e aos que recibiron a primeira inxección de Janssen, co 78 %, cando a media está no 41.