Publicador de contidos

Publicador de contidos

A suba de casos da covid maniféstase cun aumento da presión asistencial nas Urxencias

A suba de casos da covid maniféstase cun aumento da presión asistencial nas Urxencias

As hospitalizacións pola covid chegaron aos 675 pacientes, 200 máis dos que había hai un mes.

As UCI mantéñense por debaixo dos 20 pacientes críticos

Aumento da presión asistencial nas Urxencias por mor da covid
G24.gal 01/05/2022 14:54

A evolución das hospitalizacións en Galicia. A suba de casos da covid maniféstase cun aumento da presión asistencial nas Urxencias
Os hospitais galegos están constatando unha nova suba de pacientes que precisan ser ingresados, fundamentalmente o complexo hospitalario da Coruña, onde hai nestes momentos 160 hospitalizados coa covid.
Se analizamos a evolución dos ingresos desde hai un ano observamos que agora triplicamos a cifra de abril de 2021. Superamos nas últimas semanas os picos da vaga do inverno e mantémonos preto dos 700 casos. 
A análise positiva das cifras actuais é o grao de gravidade dos pacientes, cun descenso moi notable de críticos desde primeiros de ano. Comezabamos xaneiro con 52 e hoxe non chegamos aos 20. En canto aos hospitalizados en planta, ocorreu o contrario, duplicamos os pacientes.

Nos últimos meses, desde decembro, estamos tendo unha presión asistencial nas urxencias galegas e de toda España altísima, non só de patoloxía covid, senón doutras patoloxías que se ven afectadas porque a covid come outros recursos, como a atención primaria. Esa presión mantida é complexa de soster porque vulnera a seguridade do paciente. Ademais diso hai que ter en consideración toda a asistencia por covid, que é moito máis complexa. Isto mantido no tempo repercute moito sobre a calidade da asistencia que damos e sobre a percepción dos profesionais que traballan en urxencias. 

No caso do hospital Álvaro Cunqueiro, onde exerce Maite Maza, o número de pacientes que están atendendo en urxencias cada xornada rolda os 450. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade