A sexta vaga segue remitindo e algunhas comunidades están a piques de saír do risco moi alto
Galicia rexistra unha importante baixada da súa incidencia, con 3.500 casos activos menos
A presión hospitalaria descende en todo o conxunto de España
.png)
Un novo descenso da transmisión da covid de 117 puntos, sitúa a incidencia en 1.244 casos por cada 100.000 habitantes en 14 días, tras unha fin de semana con 68.706 novos contaxios e 601 falecementos, o que eleva o número de decesos na última semana a 1.425.
Así o recolle a actualización de datos do Ministerio de Sanidade, que volven reflectir unha caída da presión hospitalaria ata o 9,8 % (con 673 pacientes menos) e da ocupación nas UCI ao 16,3 % (63 enfermos menos).
Galicia rexistrou tamén un importante deceso na súa incidencia. Os datos do Sergas revelaban esta mañá que a nosa comunidade conta con 3.500 casos activos menos.