Publicador de contidos

Publicador de contidos

A sexta vaga segue en expansión e non alcanza aínda o pico en España

A sexta vaga segue en expansión e non alcanza aínda o pico en España

A incidencia aumenta ata os 2.443 casos e a positividade sitúase nun 28,7 %

G24.gal 04/01/2022 20:08

A sexta onda segue en expansión, cunha incidencia de 2.433 casos, tras notificarse 117.775 novos contaxios, segundo o último informe do Ministerio de Sanidade, que revela que o índice de positividade nas probas diagnósticas subiu nunha semana 10 puntos, ata o 28,7 %, moi por encima do 5 % que recomenda a OMS.

A porcentaxe de ocupación de pacientes covid nas UCI segue aumentando ata o 21,3 % -a semana pasada estaba no 18,7 %, mentres que en planta pasou do 8 % ao 10,5 % en sete días.

Segundo Sanidade, nas últimas 24 horas reportáronse 116 mortes, co que a cifra total de decesos elévase a 89.689 desde que comezou a pandemia

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade