Publicador de contidos

Publicador de contidos

A sexta vaga da covid segue a romper barreiras en Galicia con máis de 2.500 infeccións

A sexta vaga da covid segue a romper barreiras en Galicia con máis de 2.500 infeccións

Sobe a presión asistencial con 73 enfermos ingresados, (+10)

Os positivos diarios son 303, cunha baixada de 58 nas últimas 24 horas

O Sergas notifica que non houbo falecidos por covid por segunda xornada consecutiva

G24.gal 21/11/2021 09:46 Última actualización 19:30

Os indicadores da incidencia da pandemia de covid en Galicia amosan nas últimas 24 horas un certo freo no incremento das cifras. Aínda así a enfermidade ábrese paso na sexta vaga malia as cifras de vacinación.

As persoas co virus activo son 2.507, (+248) unha suba algo menor que rexistrada a xornada previa. Os contaxios diarios detectados nas probas diagnósticas , aínda que superan unha xornada máis os 300, con 303 supoñen unha redución de 58 menos respecto das 24 horas anteriores.

Aumenta a presión asistencial e hai 73 persoas hospitalizadas en Galicia por covid-19, que son 10 máis que o venres. O maior aumento de pacientes aparece en planta con 59 enfermos de coronavirus en habitación illada , oito máis, e nas UCI son agora 14 con atención especializada nestas unidades, dous máis.

O Sergas informa este domingo pola noite de que non se rexistraron falecementos por covid en Galicia nas últimas 24 horas polo que a cifra de persoas mortas como consecuencia do virus durante a pandemia mantense en 2.662.

Situación por áreas sanitarias

Segue a preocupar de xeito especial o agravamento da situación en Ourense con 642 persoas co virus activo, (+67), e tamén en Vigo ao bordo das 600 infeccións con 588, (+72). A Coruña ten 434 casos activos, (+20), en Lugo son 257 as persoas infectadas, (+33), 233 en Santiago, (+22).  Na demarcación de Pontevedra son 219, (+23) e en Lugo 134, (+11).

Só as UCI covid da área de Lugo quedan libres de pacientes coa enfermidade e teñen un enfermo en agudos as de Ourense e Pontevedra.

En Galicia realizáronse ata as 18 horas do sábado 2.953.239 probas PCR para a detección do virus e administráronse 4.671.900 doses da vacina.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos