Cargando resultados...
A selección española feminina empata no primeiro amigable tras a polémica
Foto: EFE
G24.gal
08/10/2022 12:00
A selección española feminina empatou no seu primeiro partido tras a polémica renuncia de quince xogadoras a entrar nas convocatorias vindeiras por desavinzas co técnico Jorge Vilda.
Foi ante Suecia, en Córdoba, con apupos nalgúns momentos contra o seleccionador e as suecas tomando vantaxe cun tanto de Blomkvist no minuto 15. Xogaron as galegas Tere Abelleira, que foi titular, e Nuria Rábano, que debutaba como internacional no minuto 75 de partido. A sete minutos para o final, logo dun córner desde a dereita, marcou sobre a mesma liña de gol Maite Oroz a pase de Irene Guerrero. A próxima cita do combinado nacional é esta mesma semana ante os Estados Unidos.