Publicador de contidos

Publicador de contidos

A retirada da máscara prodúcelles inseguridade ou medo a moitas persoas

A retirada da máscara prodúcelles inseguridade ou medo a moitas persoas

Os psicólogos recomendan que a vaian sacando de xeito progresivo

Entre a cautela e o alivio no primeiro día sen máscara obrigatoria

G24.gal 20/04/2022 20:38

Quitar a máscara despois de dous anos de uso continuado pode xerar nalgunhas persoas medo ou certa ansiedade. Pódelles custar a aquelas que o pasaron moi mal na pandemia, que tiveron unha afectación directa, que perderon un ser querido ou xente hipocondríaca con medo ás enfermidades.

Volver mostrar o rostro tamén pode xerar inseguridade nos que teñan algún complexo, algo máis común en adolescentes aos que a pandemia colleu na época de cambios faciais.

"Para eles igual a máscara se converteu nun aliado, nun complemento máis. Agora teñen que aprender a relacionarse cos demais novamente sen a máscara. Tamén é unha parte da aprendizaxe, non creo sinceramente que sexa nada traumático", asegura a psicóloga sanitaria Paula Martínez Figueiras.

Os especialistas recomendan que estas persoas retiren a máscara de xeito progresivo. E piden respecto mutuo neste período de transición entre os que optan por poñela e os que prefiren eliminala.

"Que os que a queren levar sintan que o poden facer sen ser xulgados e que os que non a queren levar que tamén o poidan facer sen sentirse culpables" di a psicóloga.

Porque tamén para moita xente a máscara está asociada a sentimentos de angustia e tristeza. Quitala axudaralles a recuperar a interacción social e parte da vida que a pandemia lles roubou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade