Publicador de contidos
Publicador de contidos

A resistencia do Liceo remata no quinto partido da serie co Noia (4-1)

A resistencia do Liceo remata no quinto partido da serie co Noia (4-1)

O equipo coruñés quedou eliminado no derradeiro encontro da semifinal

G24.gal 11/06/2024 22:25

O Liceo quedou eliminado no quinto e definitivo partido da semifinal da OK Liga. Remontara o 2-0 inicial da eliminatoria, pero o factor campo resultou decisivo para que o Noia puxese o 3-2 que culminou un grande enfrontamento. 

O partido comezou ben para o equipo galego, que se adiantou cunha xenial acción de Dava Torres (12 goles nos play off). O Noia apertou moito, executou ata 17 lanzamentos no primeiro tempo e nun deles acadou o empate grazas a unha xogada pola liña de fondo de Xavi Costa. 

O segundo tempo acabou por decidir para os locais. Apareceu un veterano como Jordi Bargalló para marcar o 2-1, gol pantasma, e dar o pase do 3-1 anotado por Morales. Co Liceo xogando á desesperada á procura do tanto que os metera na eliminatoria, chegou o definitivo 4-1 marcado por Toni Salvadó. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar