Publicador de contidos

Publicador de contidos

A residencia de maiores de Ribeira incorpora a realidade virtual ás súas terapias

A residencia de maiores de Ribeira incorpora a realidade virtual ás súas terapias

A pandemia impulsou a incorporación das novas tecnoloxías á vida cotiá das persoas maiores

As lentes de realidade virtual axúdanlles a frear a deterioración cognitiva e manter a mente activa

G24.gal 10/02/2022 15:23

Carmen está percorrendo, virtualmente, o parque do Cabárceno, en Cantabria. Sen moverse do asento, camiña entre osos, cervos, avestruces e hipopótamos. É unha das usuarias da residencia de maiores de Ribeira, que incorporou a realidade virtual nas súas terapias.

A pandemia obrigou a xente maior a adaptarse ás novas tecnoloxías. As videochamadas, por exemplo, irromperon na súa vida cotiá. Isto abriu a porta ao uso doutros dispositivos electrónicos. O director do centro, Miguel Alamancos, di que esta innovadora terapia "axuda a manter e mellorar as capacidades cognitivas dos residentes e á vez, tamén é unha maneira de ter un entretemento".

A animadora sociocultural, Vanessa Vilachán, destaca que "ás veces piden ir, virtualmente, a lugares onde xa estiveron e noutras ocasións demandan ir a outros que nunca puideron visitar". Indica que "sobre todo catro ou cinco son os que máis o demandan, pero todo o mundo ao principio se animou a participar e poñer as lentes".

O uso da realidade virtual ofrece, segundo os expertos, numerosas vantaxes para as persoas residentes. Descobren novos lugares, exercitan a memoria e manteñen activa a súa mente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade