Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Real Filharmonía de Galicia abre a tempada de música clásica en Vigo

A Real Filharmonía de Galicia abre a tempada de música clásica en Vigo

Inés Salvado e Tamar Novas narran e representan os personaxes de Henrik Ibsen, dirixidos pola dramaturga Lorena Conde 

A Real Filharmonía, con Roberto Baltar como director convidado, versiona en O Inconformista a música composta por Edvard Grieg 

O concerto abre a tempada de música clásica do Teatro Afundación de Vigo, enmarcado no proxecto Cultura por Alimentos, que pon en marcha a institución en colaboración coa Federación de Bancos de Alimentos

G24.gal 09/01/2025 21:07 Última actualización 09/01/2025 21:41

O propósito é integrar no mesmo tempo e no mesmo espazo a música e o teatro. Un xeito distinto de narrar o conto creado por Ibsen ao que lle puxo música outro noruegués.

"O libreto de Ibsen, que é anterior á parte musical, non se coñece tanto. Entón o que pretendemos é dar unha visión xeral, un pouco resumida tamén, e que o público teña outra dimensión desta peza", comenta Lorena Conde, dramaturga que dirixe os actores nesta versión do clásico do escrtor noruegués, ao que lle puxo música Edvard Grieg.

Inés Salvado e Tamar Novas poñen voz e corpo á narración e aos distintos personaxes, intercambiando os papeis ao longo da peza. E contando tamén cos músicos coma protagonistas.

"É unha pasada estar sentada nesta butaca, como escoitando a música dende o palco. É unha fascinación que che entra polos poros", confesa a actriz Inés Salvado. "Unha obra antolóxica, a oportunidade de contar as dúas facetas, tanto a naración e incluso a escenificar, facer un xogo dramático e escénico coa historia, e a o mesmo tempo cunha orquestra coma esta, é un luxo", apunta Tamar Novas.

O inconformista é o nome da versión feita pola Real Filharmonía, que ofrece con esta peza unha proposta innovadora para achegar a música clásica a outros públicos.

"A min o que me gustou esta adaptación que fixo Lorena é que por suposto ten a súa parte nórdica, pero tamén a retranca galega", sinala Roberto Baltar, director convidado da Real Filharmonía, por enfermidade do director titular.

O concerto abre a tempada de música clásica do teatro Afundación de Vigo e forma parte do proxecto cultura por alimentos en que os espectadores poden doar produtos cando asisten á representación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade