A reacción postremeira do Bergantiños non tivo premio
Marcou o 1-2 no minuto 94 e pediu un penalti no 95
O Bergantiños perdeu nas Eiroas na estrea da temporada de 2.ª RFEF diante da Ximnástica de Torrelavega. O partido comezou moi ben para os intereses do equipo carballés. Cun remate á trabe de Carlos López e varios disparos dun Iván Garrido moi bulideiro en ataque.
Os cántabros souberon sufrir e aproveitaron o primeiro achegamento para anotar. Marcou Tovar no minuto 37. E xusto antes do descanso Gándara rematou á rede un saque de córner deixando contra as cordas ao Bergantiños.
Os de Lemos non conseguiron reaccionar no segundo tempo. O adestrador esgotou os trocos pero non había maneira de facerlle dano ao rival. Pero no fútbol nunca se pode tirar a toalla. No 94 o dianteiro Dani Hernández cabeceou á rede. No 95 outra acción de fútbol directo foi moi protestada porque os locais entenderon que Adri Pérez foi derrubado dentro da área.