Publicador de contidos

Publicador de contidos

A raíña Sofía visita o Banco de Alimentos de Ourense no seu 25 aniversario

A raíña Sofía visita o Banco de Alimentos de Ourense no seu 25 aniversario

Chegou á cidade das Burgas no AVE

G24.gal 01/03/2022 12:38

A raíña Sofía visita a sede do Banco de Alimentos de Ourense para conmemorar os 25 anos da entidade provincial. Con esta visita coñece de preto a realidade da entidade e o seu funcionamento.

Ao acto asistiron varios representantes das administracións públicas, que estiveron acompañados polos voluntarios do Banco de Alimentos.

Dona Sofía chegou no AVE pasadas ás 12:00 da mañá deste martes e logo trasladouse ata o polígono de San Cibrao das Viñas, lugar onde se sitúan as instalacións do Banco de Alimentos. 

A raíña Sofía, a través da fundación que leva o seu nome, mantén unha estreita colaboración con importantes achegas financeiras aos bancos de alimentos de toda España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade