Publicador de contidos

Publicador de contidos

A princesa Mette-Marit de Noruega di que foi enganada por Epstein

A princesa Mette-Marit de Noruega di que foi enganada por Epstein

"Agora, decátome de ata que punto me manipularon, non sabía que era un delincuente sexual"

Nunha entrevista en televisión a princesa dixo que agarda que as revelacións sobre Epstein non debiliten a confianza da cidadanía norueguesa na monarquía

Arquivo/Geir Olsen/NTB Arquivo/Geir Olsen/NTB
G24.gal 20/03/2026 09:05

A princesa Mette-Marit de Noruega asegura que foi manipulada e enganada polo pederasta convicto estadounidense Jeffrey Epstein, con quen mantivo unha relación de amizade, e dixo que non sabía nada dos seus ataques sexuais.

"Síntome tan manipulada... E cando te manipulan, non te dás conta ao principio", indicou nunha entrevista este venres na televisión pública NRK . A princesa, que explicou que coñece a Espstein a través dun amigo común, explicou que houbo unha serie de feitos que fixeron que pensase que algo non estaba ben.

A relación de Epstein coa princesa

Epstein era amigo dun bo amigo da princesa e foille presentado por varios coñecidos de confianza cando traballaba para o Programa Conxunto das Nacións Unidas sobre o VIH.

"Foi unha relación de amizade. Era amigo dun amigo meu, ante todo. Se a pregunta é se a relación era doutro tipo, a resposta é non", afirmou.

En xaneiro de 2013 Mette Marit visita a Epstein na súa residencia de Palm Beach (Florida) despois de que un amigo común lle deixara prestada a casa.

"Todas as persoas que coñecín con Epstein foron sempre adultos, nunca vin nada ilegal", explicou.

Con todo, confesou que, durante a súa estadía na casa, Epstein comportouse dun modo que non lle gustou: "Púxome nunha situación que me fixo sentirme tan insegura que chamei a Haakon".

O principe Haakon, que acompañou a súa esposa na entrevista explicou que sabía que a princesa viviu na casa de Epstein en Palm Beach. "Non era un segredo entre nós", dixo.

Nun correo de outubro de 2011, dous anos despois de que Epstein saíra do cárcere tras cumprir unha pena por comprar servizos sexuais a menores, a princesa confésalle ao millonario que buscara en Google sobre el e que non tiña boa pinta.

As novas revelacións difundidas a finais de xaneiro probaron que Mette-Marit mantivo un contacto con este en 2014, un ano despois de que a princesa asegurara que deixara de comunicarse con el.

"Tiven contacto con el tempo despois. Creo que foi porque era tan manipulador que se aproveitou de que tiñamos un amigo común e que teño boa fe", explica.

A princesa, que estivo acompañada na entrevista polo seu esposo o príncipe herdeiro Haakon, cualificou de moi problemático que o acontecido poida contribuír a lexitimar a Epstein dalgunha maneira. "É moi importante para min asumir a responsabilidade por non chequear o seu pasado de forma máis detallada. Pero ninguén ten que ter mágoa de min, senón de todas as vítimas que sufriron os duros ataques e merecen xustiza", dixo Mette-Marit.

A princesa lamenta poñer nunha situación complicada os reis e dixo que se non deu explicacións antes foi por mor da súa enfermidade, unha fibrose pulmonar que se agravou nos últimos meses, e o xuízo por violación que afrontou ata onte o seu fillo Marius, froito dunha relación anterior.

"Convivo cunha grave enfermidade que me inflúe no día a día. É a que decide se podo cumprir o meu rol ou non", afirmou. Espera que as revelacións sobre Epstein non debiliten a confianza na monarquía norueguesa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade