Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Policía solicita a colaboración cidadá para tratar de localizar o condutor que atropelou un menor en Ames

A Policía solicita a colaboración cidadá para tratar de localizar o condutor que atropelou un menor en Ames

Calquera persoa que teña información respecto ao acontecido pode contactar co posto a Policía Local de Ames a través do 619 767 575

G24.gal 25/03/2024 10:06 Última actualización 25/03/2024 14:36

A Policía Local do municipio coruñés de Ames continúa este luns coa busca dun condutor que fuxiu na madrugada deste domingo tras atropelar un mozo, de 13 anos, en Bertamiráns.

Segundo informan fontes policiais, os feitos ocorreron sobre as 1:30 horas do domingo na avenida da Peregrina. O condutor do vehículo, un Seat Ibiza, levou por diante o mozo nun paso de peóns e provocoulle lesións nunha perna. A vítima foi trasladada ao Hospital Clínico Universitario de Santiago e a súa vida non corre perigo.

As testemuñas detallaron que era un home novo e que conducía un coche de cor azul clara.
Tamén as forzas de seguridade investigan como se produciu o sinistro coa revisión das cámaras de vixilancia que hai na zona. 

A Policía Local solicita a colaboración cidadá por se alguén viu algo sobre o acontecido e poden contactar a través de 619 767 575.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade