Publicador de contidos
Publicador de contidos

A policía libera unha moza á que os pais querían casar cun home en Paquistán

A policía libera unha moza á que os pais querían casar cun home en Paquistán

O pai e a madrasta foron detidos, acusados de tráfico de seres humanos

A investigación da policía española permitiu a volta da rapaza
G24.gal 16/12/2023 19:23 Última actualización 16/12/2023 19:43

A Policía Nacional liberou unha rapaza á que seus pais querían obrigar a casar cun home en Paquistán. 

Os pais buscáronlle un home en Paquistán para casala á forza

A investigación comezou en setembro, cando a policía española recibiu unha denuncia segundo a cal unha moza fora obrigada a viaxar a Paquistán, onde o pai e mais a madrasta querían casala á forza cun home que lle buscaron.

A moza foi abandonada sen documentación e sen cartos

Tras a negativa da rapaza, os pais deixárona en Paquistán sen documentación, sen cartos e sen billete de volta, para obrigala a reconsiderar a súa decisión.

"Unha vez en Paquistán, a moza negouse, polo que os pais prohibíronlle volver a España como castigo. Alí obrigábana a vestir dun xeito específico, retíñanlle a documentación e non a deixaban saír da casa. Finalmente a vítima foi liberada, e cando volveu a España foi acollida nunha ONG especializada na trata de persoas. Tanto o pai coma a madrastra foron detidos e postos a disposición da autoridade xudicial", sinalou a voceira da Policía Nacional, Cristina Morales.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos