Publicador de contidos

Publicador de contidos

A patronal pide flexibiliade horaria fronte á redución da xornada laboral

A patronal pide flexibiliade horaria fronte á redución da xornada laboral

Os empresarios propoñen traballar máis horas nalgúns días, pero cun control anual do horario

A ministra de Traballo aposta pola semana semana laboral de catro días

G24.gal 02/06/2023 14:15

Hai que traballar máis horas, non menos. É a resposta do presidente dos empresarios europeos ao debate aberto en distintos países comunitarios para reducir a xornada laboral.

Antonio Garamendi, presidente da CEOE, matizou que o que "traslada o presidente da patronal europea é que as empresas necesitan flexibilidade, que poidan traballar máis horas nalgúns días, pero hai un control horario das horas durante o ano. Depende de como este a demanda e a produción... pero sempre dentro do diálogo social bipartito cos sindicatos e os traballadores".

Son moitos os países europeos onde se está a probar e debater a xornada laboral de 4 días.

Yolanda Díaz,ministra de Traballo, reclamaba esta opción no día dos traballadores: "Queremos tempo libre, vivir con dignidade. Queremos reducir a xornada laboral sen reducir os salarios. Queremos colocar o tempos e os coidados no centro da actuación económica".

O representante da patronal europea tamén lle pide a España, que asume a presidencia rotatoria da Unión Europea, que free o exceso regulatorio para facilitar que as empresas fagan negocios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade