Publicador de contidos

Publicador de contidos

A partir do 7 de xaneiro haberá test gratuítos nas farmacias para os menores de 12 anos

A partir do 7 de xaneiro haberá test gratuítos nas farmacias para os menores de 12 anos

Cada neno terá un para facer antes de volver ás aulas

G24.gal 04/01/2022 20:06

As farmacias galegas terán dispoñibles tests de saliva a partir do día 7 de xaneiro para que os pais llos poidan facer aos fillos antes do día 10, cando se abren de novo os colexios.

Están destinados aos nenos de entre 5 e 11 anos, que son os que aínda non teñen a pauta completa de vacinación e polo tanto teñen máis risco de contaxiarse.

Cargarase un test gratuito na tarxeta sanitaria de cada menor, e os pais recibirán unha mensaxe coas instrucións para utilizalos. A Xunta pretende con esta iniciativa garantir un reinicio de curso seguro e sen contaxios en Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar