A participación continúa en máximos históricos cun 68% ás seis da tarde
Nos comicios anteriores votara un 53,13% do censo a esta hora, quince puntos porcentuais menos
Galicia tamén rexistra unha participación récord do 68,2%, doce puntos máis ca no 2023
Xente agardando para votar no polideportivo de Milladoiro. EFE/Lavandeira Jr.
A participación nestas eleccións xerais continúa a bater marcas. Ás seis da tarde votara un 68,15% do censo, 15 puntos porcentuais máis ca nos comicios de 2023.
Hai catro anos a esta mesma hora depositaran a papeleta na urna un total de 18.671.607 persoas, o 53,13%. Desta volta, xa exerceron o seu dereito 24,4 millóns de electores.
Galicia tamén fai historia neste segundo avance cunha participación do 68,21%, 1,5 millóns de papeletas e 12 puntos por riba da cita anterior, cando se contabilizou un 55,96%.
Por provincias, A Coruña rexistra un 68,24% (+12,2); Lugo un 66,27% (+12,2); Ourense un 66,27% (+12,8) e Pontevedra un 69,45% (+12).
Unha persoa mete a papeleta na urna en Mataró. EFE/Alejandro García