A parella suíza, multada por circular cunha caravana remolcada por un tractor, quere regresar a Zürich
A parella suíza, multada por circular cunha caravana remolcada por un tractor, quere regresar a Zürich
Josef argumenta que o tractor foi reconstruído, que non é agrícola e que consultaron con varias embaixadas se o permiso que tiñan era válido
Amosan os documentos e tamén o escrito presentado ante a Xefatura Provincial de Tráfico da Coruña, con que alegan que o seu tractor pode circular remolcando unha caravana.
Josef argumenta que o tractor foi reconstruído, que non é agrícola e que consultaron con varias embaixadas, entre elas a española, se o permiso que tiñan era válido.
O certo é que tras percorreren varios países —Austria, Alemaña, Francia e o norte de España—, esta parella suíza foi multada en Bergondo e o seu tractor inmobilizado e trasladado a este cámping. Quéixanse da falta de resposta das autoridades.
Pola contra, din estar moi agradecidos a todas as persoas que se achegan a onda eles para interesarse polo seu caso. "Moitas persoas que non son xornalistas paran para axudarnos e preguntarnos se necesitamos algo, e iso é realmente gratificante", di Nolli. Josef engade que "en España hai xente maravillosa".
Tras ver frustrada a súa viaxe, tan só desexan poder volver canto antes á casa para reencontrarse coa súa familia en Zürich.