A opción do Como non seduce a Yeremay Hernández
O equipo italiano estaba moi interesado no xogador canario e mesmo se falaba de que podía pagar a cláusula, pero o xogador do Deportivo prefire outra alternativa

O Como italiano era o equipo que máis apostaba por Yeremay Hernández. Adestrado por Cesc Fábregas, mesmo se falou que o equipo da Serie A podería pagar a cláusula de rescisión do canario do Deportivo, fixada nuns 30 millóns de euros.
Segundo o prestixioso xornalista especializado en fichaxes, Fabrizio Romano, o xogador diría que non ao ofrecemento do Como. A opción dun cadro do medio da táboa da máxima categoría en Italia non lle enchería o ollo a un Yeremay que miraría cara a outras posibilidades. Unha das que cobra forza é que continúe unha campaña máis no Deportivo porque sempre manifestou o seu desexo de axudar o Deportivo a regresar á Primeira División.
EL COMO SE RETIRA DE LA NEGOCIACIÓN POR YEREMAY 🚨
— DAZN Fútbol (@DAZNFutbol) June 10, 2025
"Yeremay le dijo a Cesc Fàbregas que no quiere dejar el Dépor" 👀
Todos los detalles, en #DAZNTransfer con @FabrizioRomano pic.twitter.com/zbt6dgr4oh
De todos os xeitos o verán é longo e seguro que a do Como non vai a ser a única proposta que teña enriba da mesa Yeremay. Outros equipos como o Chelsea -vía Estrasburgo-, a Juventus ou o Nápoles tamén se interesaron por el e haberá que seguir atentos ao mercado de fichaxes.