Cargando resultados...
A ONU aproba enviar unha forza armada multinacional a Haití
A ONU aproba enviar unha forza armada multinacional a Haití
Trece membros do consello votaron a favor, mentres Rusia e A China se abstiveron

G24.gal
03/10/2023 08:39
O Consello de Seguridade da ONU autorizou a despregadura dunha forza armada multinacional en Haití, un país inmerso na violencia de cuadrillas e na parálise política. Trece membros do Consello votaron a favor, e Rusia e A China abstivéronse.
A forza multinacional dirixiraa Kenya, que prometeu mil axentes para encabezar a misión. As cuadrillas en guerra controlan a capital, Porto Príncipe, onde os asasinatos, secuestros e violacións teñen aterrorizada a poboación.