Publicador de contidos

Publicador de contidos

Milleiros de austríacos protestan contra o confinamento e a vacina obrigatoria

Milleiros de austríacos protestan contra o confinamento e a vacina obrigatoria

Alemaña impón peches parciais da vida pública en Saxonia e Baviera

A OMS alerta de 500.000 mortes en Europa se non se toman medidas urxentes

G24.gal 20/11/2021 20:46

Marchas e manifestacións en distintos puntos de Austria, a maioría convocadas pola extrema dereita. Só en Viena, a Policía contabilizou 40.000 manifestantes. Saíron protestar contra o confinamento xeral que empezará este luns e contra a obrigatoriedade da vacina, que se fará efectiva en febreiro.

Austria xa tiña confinados os non vacinados pero decidiu dar un paso máis porque as cifras da pandemia non deixan de medrar. O país, con menos de 9 millóns de habitantes e unha das taxas máis baixas de vacinados -menos do 66%-, rexistrou nas últimas 24 horas preto de 15.300 contaxios e 42 mortes. Nalgunhas rexións os hospitais están ao límite da súa capacidade.

Tamén crecen rápido os contaxios en Alemaña; detectáronse case 64.000 desde onte. Alí están vacinados preto do 68% dos adultos pero hai semanas que apenas se fan progresos cara á inmunidade de rabaño, pola resistencia a inmunizarse de parte da poboación.

O luns entra en vigor unha lei de protección sanitaria que esixirá o certificado de vacinación ou un test negativo diario para o traballo e o transporte público. E en Saxonia e Baviera, os estados máis afectados, impóñense peches parciais da vida pública.

A Organización Mundial da Saúde advirte que, se non se usa a máscara e non se vacina máis xente, Europa rexistrará medio millón de mortos en marzo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade