Publicador de contidos

Publicador de contidos

A ocupación hospitalaria, por debaixo das 500 persoas ingresadas

A ocupación hospitalaria, por debaixo das 500 persoas ingresadas

Continúan diminuíndo os casos activos en Galicia, agás nas áreas sanitarias de Santiago e de Lugo

O Sergas notificou catro decesos por mor da covid–19

Jessica Fernández 25/02/2022 10:16

Os casos activos seguen baixando, pero moi lixeiramente (-82). En total, hai 22.395 persoas con coronavirus en Galicia.

Pola súa parte, os contaxios diarios mantéñense con respecto a onte e rexístranse 1.682 nas últimas 24 horas

repartición de casos novos detectados por probas diagnósticas nas distintas áreas sanitarias é a seguinte:

Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:

A Coruña: 4.668 (-56)

Vigo: 4.510 (-17)

Ourense: 2.645 (-34)

Santiago: 3.930 (+12)

Lugo: 2.774 (+72)

Pontevedra: 2.353 (-39)

Ferrol: 1.297 (-10)

En canto á ocupación hospitalaria, esta continúa diminuíndo en planta (-23), pero mantense nas UCI. En total, hai 486 persoas ingresadas, 461 e 25 respectivamente.

Con todo, o Sergas notificou catro decesos por mor da covid–19, que alzan a cifra a 3.090 falecementos desde o inicio da pandemia.

Mapas de incidencia por concellos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar