Cargando resultados...
A obra semidestruída de Banksy véndese por 21 millóns de euros
A obra semidestruída de Banksy véndese por 21 millóns de euros
A obra autodestruíuse parcialmente nunha poxa anterior
G24.gal
14/10/2021 19:09
A obra do grafiteiro británico Banksy O amor está na papeleira vendeuse esta tarde nunha poxa por 21 millóns de euros. Un récord para este enigmático artista.
O cadro converteuse nun dos máis mediáticos de Banksy hai tres anos cando se autodestruiu parcialmente, despois de ser vendido, ante a mirada atónita dos que seguían a poxa na mesma sala londinense onde se poxou hoxe.
Daquela, a peza chamábase Nena con globo e a coleccionista que a mercou pagara algo máis dun millón de euros.