Cargando resultados...
A Muiñeira de Chantada, camiño de ser Ben de Interese Cultural
Varios colectivos recollen sinaturas para que sexa declarada BIC
A Muiñeira de Chantada é unha das pezas clásicas no repertorio dos gaiteiros galegos
G24.gal
22/05/2024 14:16
Última actualización 22/05/2024 16:33
A Muiñeira de Chantada está na banda sonora das nosas principais celebracións. Escoitámola acotío nos principais programas de televisión, e mesmo deulles un toque de ledicia ás nosas vidas en momentos delicados como a pandemia. Agora diversos colectivos recollen sinaturas para que sexa declarada Ben de Interese Cultural.
En 1928 foi gravada por primeira vez polo que fora o mellor gaiteiro de Galicia, Avelino Cachafeiro, e a banda de Soutelo de Montes. Co paso do tempo a súa sona é xa internacional.
E de seguro que vai seguir téndoa, porque as novas xeracións, a ritmo discotequeiro ou mesmo de rap, vanlle dar máis pulo aínda a unha das muiñeiras senlleiras.