Publicador de contidos

Publicador de contidos

A moción de censura de Vox debaterase o 21 e 22 de marzo

A moción de censura de Vox debaterase o 21 e 22 de marzo

O debate iniciarase o martes e a votación terá lugar o mércores 22 

A presidenta do Congreso confirmou hoxe formalmente as datas do debate e votación da moción de censura
G24.gal 13/03/2023 08:04 Última actualización 13/03/2023 12:10

Xa hai data para o debate da moción de censura presentada por Vox. Será a semana que vén, entre o martes e o mércores.

A presidenta do Congreso, Meritxell Batet, comunicou formalmente as datas tras falar co presidente do Goberno, Pedro Sánchez, co candidato á moción de censura, Ramón Tamames, e con representantes de Vox, o grupo parlamentario que a propuxo.

A moción comezarase a debater na mañá do martes 21 de marzo e a votación final terá lugar o mércores 22, segundo confirmou Batet nunha comparecencia ante os medios de comunicación celebrada na cámara baixa.

A sexta moción de censura da democracia 

Vox rexistrou a moción de censura o pasado 27 de febreiro, pero a Mesa do Congreso non lle deu o visto e prace ata o pasado martes, 7 de marzo. Debaterase xusto antes de que o presidente do Goberno acuda á reunión do Consello Europeo previsto en Bruxelas para o vindeiro 24 de marzo e ó Cumio Iberoamericano, que terá lugar en Santo Domingo o día 25.

A moción está condenada ao fracaso. Só conta co apoio dos 52 deputados de Vox. Será a sexta moción de censura da democracia, a primeira con un candidato independente e a segunda que impulsa Vox esta lexislatura.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade