Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carolina Darias advirte do aumento exponencial do risco de morte sen vacinar

Carolina Darias advirte do aumento exponencial do risco de morte sen vacinar

A ministra de Sanidade indica tamén que o risco de entrar na UCI é 30 veces superior para os non vacinados de máis de 60 anos

G24.gal 08/01/2022 14:34

A ministra de Sanidade, Carolina Darias, asegurou este sábado que as persoas non vacinadas de entre 60 e 79 anos teñen ata 20 veces máis posibilidades de falecer ca as vacinadas,
Darias estivo co presidente da Xunta de Estremadura, Fernández Vara, nun punto de vacinación en Plasencia e alí lembrou que as doses contra a covid son "o punto de inflexión" para limitar os danos da pandemia.


A titular de Sanidade referiuse a un informe que acaba de presentar o Centro de Alertas do Ministerio de Sanidade con datos reveladores:

 "Diferenzas entre persoas vacinadas e non vacinadas, tramo de 60 a 79 anos. As persoas non vacinadas teñen 16 veces máis probabilidades de ingresar nun hospital ca as non vacinadas, ten 20 veces máis posibilidades de falecemento unha persoa non vacinada ca unha persoa vacinada e nada máis e nada menos que 30 veces máis posibilidades de ingresar nunha UCI unha persoa non vacinada ca unha persoa vacinada. Os datos son contundentes".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade