Cargando resultados...
A Malata pendura o cartel de "completo" para recibir o Español
O equipo visitante, o presuposto máis alto da categoría, decepcionou na primeira volta, pero está a só tres puntos dos departamentais
G24.gal
11/01/2024 19:31
Xa non hai billetes para o partido deste sábado entre o Rácing de Ferrol e o Español. A Malata colgou o cartel de completo. Os de Ramis visitan Ferrol no primeiro partido desta segunda volta, dous equipos situados na parte alta da táboa con obxectivos diferentes.
Os de Cristóbal só pensan na permanencia mentres que o Español loita por volver á Primeira División. Na clasificación o Rácing é o equipo que ocupa postos de ascenso directo e os cataláns non están ao nivel que agardaban e xa mudaron de adestrador. Os cataláns saben da dificultade de gañar na Malata, pero veñen polos tres puntos.