Publicador de contidos

Publicador de contidos

A mala calidade do aire volve recluír veciños de varias vilas da Palma

A mala calidade do aire volve recluír veciños de varias vilas da Palma

Os sismos seguen sacudindo a illa e dando síntomas de que a erupción está moi viva

directo
G24.gal 01/11/2021 09:08

Do volcán de Cumbre Vieja segue a emanar lava. Cada vez máis e máis fluída

Agora o que máis preocupa son as cinzas expulsadas polo volcán que cobren xa boa parte da illa da Palma e os equipos de limpeza non dan abasto para retiralas. A concentración de dióxido de sofre volveu superar na Palma o límite de 500 microgramos por metro cúbico de aire que se considera tolerable.

Iso fixo que as autoridades ampliasen a recomendación de non saír da casa aos habitantes dos municipios de Tijarafe e Fuencaliente, que se veñen engadir aos de Los Llanos de Aridane, El Paso e Tazacorte, onde a mala calidade do aire facía necesaria esa medida.

Ademais a terra non para de tremer. Esta fin de semana vivíronse os dous sismos máis potentes desde que comezara a erupción do volcán na illa da Palma. Pero é que durante toda esta noite a terra seguiu dando síntomas de que a erupción está moi viva. O Instituto Xeográfico Nacional localizou 69 tremores desde a pasada medianoite, tres deles de magnitude 3,6.

A lava segue fluíndo en gran cantidade e alimentando as diferentes coadas que ocupan xa unha superficie de 975 hectáreas. Ao seu paso, a lava arrasou máis de 2.500 edificacións. As coadas esténdese por unha fronte de tres quilómetros.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade