Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un tremor de magnitude 5, máis magma e peor calidade do aire na Palma

Un tremor de magnitude 5, máis magma e peor calidade do aire na Palma

A coada número 3 pode chegar pronto ao mar

Piden que os veciños de cinco concellos non saian da casa

O volcán non dá mostras de perder forza O volcán non dá mostras de perder forza
G24.gal 31/10/2021 21:02

42 días despois da erupcion, o volcán Cumbre Vieja non dá mostras de perder forza. A coada que os técnicos denominan como número tres flúe de xeito abundante; a lava está agora mesmo na localidade de Las Hoyas, a menos de corenta metros do mar en liña recta.

Os militares da UME vixían a zona onde esa coada pode chegar ao mar e formar outra cornixa.
Segundo o sistema satelital Copernicus, as coadas cobren 970 hectáreas e levan arrasado máis de 2.500 edificacións.

As emisións do volcán empeoran a calidade do aire

Os técnicos advirten que as cinzas e as partículas que expulsa o volcán empeoran a calidade do aire, ata o punto de provocar problemas respiratorios.A erupción afecta tamén á flora e á fauna da Palma , especialmente aos réptiles.

Seguen os tremores asociados á erupción

E todo este fenómeno está sendo observado por miles de turistas nesta longa fin de semana, que sofren tamén as ducias de tremores propios da actividade volcánica. O último deses sismos acadou de novo os cinco graos de magnitude.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade