Cargando resultados...
A maioría dos clubs participantes renegan dunha 1ª Federación de 19 equipos
A Federación Española, responsable da competición, fai da calada a súa única resposta
G24.gal
24/08/2022 17:07
Última actualización 24/08/2022 17:26
Riazor podería revivir esta sábado un capítulo semellante ao do ano pasado co Estremadura. A esta hora, a incomparecencia do Dux na primeira xornada parece segura. O rival do Deportivo non ten equipo montado para competir. Na Coruña, poucos apostan a que haxa partido.
Unha situación que non só amola o Deportivo. A maioría dos clubs participantes renegan dunha Liga coxa de dezanove equipos e consideran o que está a suceder un desprestixio para a competición.
A Federación Española, responsable da competición, fai da calada a súa única resposta.