Publicador de contidos

Publicador de contidos

A maioría dos síntomas poscovid teñen bo prognóstico, segundo os responsables das unidades de seguimento

A maioría dos síntomas poscovid teñen bo prognóstico, segundo os responsables das unidades de seguimento

A unidade do CHUS atendeu máis de 3.000 pacientes desde xuño de 2020

Erroneamente atribúense ás veces á covid persistente algúns síntomas derivados do illamento e a falta de exercicio

G24.gal 12/11/2021 14:02

As unidades poscovid atenden os pacientes en que os síntomas da enfermidade persisten despois de superaren a infección. Son, sobre todo, fatiga extrema e dificultade respiratoria que, agora sabemos, teñen bo prognóstico. Na maioría das ocasións poden superarse.

"Canto se debe ao virus, canto á estancia hospitalaria e canto a outras medidas que se implantaron por motivos sanitarios e restrinxiron toda a nosa vida social e familiar, pois é difícil de avaliar", explica Chus Domínguez, responsable da Unidade de Seguimento de Covid do CHUS. 


Unha consulta de seguimento en cada área sanitaria atende os pacientes que teñen máis dificultades para restablecerse. Basicamente, a maioría dos pacientes que estiveron na UCI teñen un desacondicionamento físico, un desadestramento, e precisan dun tempo para recuperarse.

Pero hai pacientes que, sen estar ingresados no hospital, tamén se queixan deste cansazo e destas molestias. Derivados moitas veces desde Atención Primaria, pasaron a covid nos seus domicilios.

En moitos casos, vese que os seus síntomas poden estar derivados da angustia prolongada polo illamento, o dó, a falta de contacto humano ou dificultades laborais que trouxo consigo a pandemia.

"Eu creo que temos que quedarnos cunha situación positiva. Os pacientes da primeira onda, que xa hai máis dun ano que os coñecemos, a maioría están restablecidos e están de alta; algúns teñen algún síntoma que seguimos vixiando. Os problemas pulmonares -inicialmente preocupábanos a fibrose pulmonar-  pois son contados os casos que aínda estamos seguindo e vixiando", conta Chus Domínguez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos